Publicado no DOG o procedemento para que o profesorado de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario

  • Publicada en DOG a ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
  • O prazo para presentar solicitudes é do 10 de novembro ao 9 de decembro (ambos incluídos).
  • As solicitudes deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED021A).

CCOO esixe atención a toda a diversidade e facer realidade o dereito á educación de todo o alumnado

Propón que todo o alumnado con calquera necesidade de apoio educativo conte dobre a efectos de ratio.
Reivindica unha mellora nas ratios de PT, AL e compensación educativa e, ademais, que o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA) estea tamén asociado a recursos adicionais de PT e AL, cunha ratio máxima de 12 a 1. É imprescindible tamén fortalecer a rede de orientación.
Asíemade, esixe máis recursos para unha adecuada atención aos problemas emocionais e de saúde mental de toda a comunidade educativa

Preguntas e respostas sobre o paso a PES do PTFP

Son funcionario/a de carreira PTFP e teño titulación universitaria. Vou pasar ao corpo de secundaria independentemente da miña especialidade? Si. Incluídos os das dez especialidades que quedan no corpo de especialistas en sectores singulares da FP.  Que titulación universitaria teño que ter? Calquera grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica. Ademais, serve calquera destas titulacións independentemente da … Ler máis