Actualización de méritos do persoal laboral

Publicada no DOG a Resolución do 16 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia RESOLUCIÓN

Toda a información da Mesa Sectorial de 25/05/2022

 Nesta mesa tratouse:

– Anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

– Anteproxecto do Decreto polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e ciencias sociais e do ámbito de Ciencias aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e currículo de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Rogos e preguntas

Mesa sectorial (sen data confirmada)

 Nesta mesa tratarase:

– Anteproxecto do Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

– Anteproxecto do Decreto polo que se establece o currículo do ámbito de Comunicación e ciencias sociais e do ámbito de Ciencias aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda a información da mesa sectorial do 05/05/2022

Anteproxecto de Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023  Resumo Intervención Mesa Sectorial 05 de maio de 2022 Proxecto de Orde de calendario escolar: Demandamos un debate serio e sosegado sobre a estruturación trimestral do calendario escolar en prol dun calendario máis equilibrado e racional, diferente ao que se nos presenta con 71 días no primeiro trimestre, 57 … Ler máis

Mesa Sectorial 27/04/2022

Intervención de CCOO: Currículo Educación Primaria –  Antes de comezar coas aportacións concretas deixamos constancia dende CCOO dúas cuestións: A oposición de CCOO a que no currículo se inclúa o ensino das relixións. A necesidade de negociar unha baixada de rateos para poder abordar os currículos con criterios de calidade educativa que permita unha ensinanza individualizada na que realmente se poida … Ler máis

Toda a información da Mesa Sectorial de 26/04/2022

Intervención Mesa Sectorial 26 de abril de 2022 Concurso méritos escolarización alumnado atención preferente Solicitamos negociación previa para dotar de persoal definitivo de atención á diversidade a centros onde se ven repetindo de modo sistemático estas necesidades e levan funcionando ano tras ano aulas específicas de NEAE para así dar estabilidade aos cadros de persoal. Da mesma forma, instamos de … Ler máis