CAMPAÑA SOBRE O AMIANTO NOS CENTROS EDUCATIVOS EN GALICIA

Ademais tamén consideramos necesario que se implante un programa de xestión coas medidas preventivas necesarias e as actuacións previstas para a súa conservación, mantemento y, chegado o caso, eliminación, así como  que se aborde un plan de substitución destes materiais para evitar o risco aos usuarios/as.

É obriga das administracións incluír dentro da avaliación de riscos, a medición da concentración de fibras de amianto no aire do lugar de traballo e a súa comparación co valor límite establecido no RD 396/2006 de forma que se determine a natureza e grao de exposición dos usuarios e usuarias. Así mesmo o artigo 18 da Lei 31/95 de 8 de novembro, establece a obriga do empresario de informar aos traballadores/as dos riscos existentes, das medidas e actividades de prevención e protección aplicables e das medidas de emerxencia.

Deben realizarse avaliacións periodicamente e informar dos resultados aos Comités de Seguridade e Saúde e aos delegados de prevención. A vixilancia da saúde dos traballadores e traballadoras expostos ao amianto será obrigatoria segundo establece o RD 396/2006; os exames médicos rexeranse polo establecido no "Protocolo de vixilancia sanitaria específica do amianto do Ministerio de Sanidade e Consumo"

A Guía Técnica para a Avaliación e Prevención dos Riscos Relacionados coa Exposición ao Amianto elaborada polo Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo, dependente do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, establece que os materiais con amianto poden seguir instalados e en uso mentres dure a súa vida útil, conforme á normativa. No serán causa de risco por exposición a fibras de amianto sempre que se encontren identificados e incluídos na avaliación de riscos da empresa e se implante un programa de xestión coas medidas preventivas necesarias e actuacións previstas para a súa conservación, mantemento y, chegado o caso, a súa eliminación.

Toda vez que nos centros educativos galegos é unha realidade a presenza de amianto, a Federación de Ensino de CCOO de Galicia considera que se debe realizar un rexistro -inventario dos materiais que poden atoparse nos centros educativos como, por exemplo, encerados, o fibrocemento en forma de chapa ondulada para cubertas, cisternas e depósitos, tubos de presión para redes de auga potable, depósitos, baixantes, calexas, xardineiras; os tecidos usados para a confección de panos ignífugos, luvas, mandís e roupa de traballo,e utilizados en laboratorios, cociñas, teatros ou salóns de actos.