As organizacións patronais, xuntamente con FSIE, USO e UGT, modifican o VII Convenio Colectivo da Concertada

‌ infórmaTE

As organizacións patronais xuntamente con FSIE, USO e UGT modifican o VII Convenio Colectivo excluíndo ao persoal docente en pago delegado nas táboas salariais para 2023. CCOO realizou consulta á comisión paritaria para que se pronunciase sobre a aplicación e interpretación do Convenio Colectivo respecto á exclusión do citado colectivo nas táboas salariais asinadas. A decisión do resto dos sindicatos e das patronais foi a de obviar o razoamento de CCOO e convocar unha Mesa Negociadora coa intención de modificar o Convenio Colectivo e deixar sen efecto a iniciativa xudicial que CCOO iniciara en defensa dos intereses do persoal docente en pago delegado.

A modificación realizada no marco do Convenio Colectivo, no que o resto dos sindicatos amplían o prazo para asinar as táboas salariais ata o 31 de decembro de 2023, supón que, a pesar de que a inmensa maioría das CC. AA. xa estean aboando ese incremento do 2,5 %, non sexa posible trasladalo ao BOE. E iso implica que a primeira consecuencia da afinidade entre as patronais e o resto dos sindicatos é que, en algunhas autonomías, como Asturias, o incremento establecido pola Administración sexa inferior a ese 2,5 %.

Gustaríanos que a celeridade que FSIE, USO e UGT mostran para cortar as iniciativas de CCOO fose a mesma para abordar as cuestións que quedaron pendentes no asinamento do VII Convenio Colectivo, como todo o relativo á xornada ou á clasificación profesional. O seu interese en tratar estes temas é o mesmo que mostran as organizacións patronais, ningún.