A presión da comunidade educativa obriga ao PP a retirar do Consello escolar do Estado a Orde de reválidas.

A morte das reválidas, como consecuencia da mobilización social, certifícase na conferencia sectorial de educación celebrada onte.

A presión da comunidade educativa obriga ao PP a retirar do Consello escolar do Estado a Orde de reválidas.

As mobilizacións da comunidade educativa en todo o estado, convocadas en Galicia por CCOO xunto coas outras organizacións que forman parte da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, marcaron o 26 de outubro o punto final das reválidas, tal e como estaban deseñadas pola LOMCE.

 

Ante unha multitudinaria participación o Ministerio de Educación viuse obrigado a presentar onte na conferencia sectorial unha oferta cos seguintes cambios:

 

  • As avaliacións externas de  6º de Primaria, pasa a ser mostral e diagnóstica, polo que só será realizada nunha pequena porcentaxe de centros. Elimínase o seu carácter académico.
  • A avaliación final de 4º de ESO tamén será mostral e diagnóstica e deixa de ser requisito para titular.
  • Recupérase a titulación única en ESO. Incluso para o alumnado de FP Básica. Os centros decidirán quen titula.
  • A avaliación final de Bacharelato, deixa de ser requisito para titular. Ao PP non lle quedou outra que ceder e a proba será unicamente de acceso á Universidade igual que á antiga selectividade. Recuperase o distrito único. Realizarana de novo entre as universidades e os centros educativos e comprenderá unicamente materias de segundo de bacharelato. 

 

Esta situacións acaba coa incertidume das familias e profesorado. Todos estes cambios estarían vixentes ata que se aprobe unha nova lei de educación que substitúa á LOMCE malia que o ministerio insista en no derrogala pese á decisión da maioría parlamentaria amenazando con recorrer ante o TC para anular a decisión do Parlamento 

 

Polo pronto, hoxe na permanente do Consello Escolar do Estado o Ministerio viuse obrigado a retirar a Orde que desenvolvía o RD de reválidas que xa non será nunca ditaminado.

 

CCOO-Ensino celebra o inicio da reversión das políticas educativas do goberno do PP. Aínda que é insuficiente, xa que queda moito por cambiar, é un punto de partida importante para acabar derrogando á LOMCE. En caso contrario e se o PP segue coa dobre linguaxe que o caracteriza non deixando claro a súa vontade de acadar un pacto educativo político e social, a comunidade educativa convocará  novas mobilizacións.

 

Non imos a permitir que o conselleiro de educación de Galicia pretenda apuntarse un tanto dicindo agora que el xa demandou ao ministerio a desvinculación das reválidas aos títulos e outras cousas máis. Non só non é certo, senón que Galicia traballou ao ditado, letra a letra do ministerio. Nunca puxo en cuestión ás súas ordes negándose incluso a exercer as competencias propias. Os avances son consecuencia da mobilización social que culminou co rotundo éxito das convocadas o 26 de outubro así como da presión política no parlamento e das comunidades autónomas non gobernadas polo PP.

 

CCOO-Ensino, seguirá traballando de forma individual, e de forma colectiva con outras organizacións pola derrogación da LOMCE e por unha nova lei, máis xusta, equitativa e consensuada cos diferentes sectores da comunidade educativa.