CCOO denuncia o descoñecemento do alcalde de Ourense sobre a realidade educativa do concello que goberna

CCOO Ensino Ourense, primeiro sindicato do Ensino Público non Universitario da provincia de Ourense, ante as declaracións en prensa do Rexidor do Concello de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sobre a rede educativa de centros de Educación Secundaria do municipio que goberna, e do que aspira a ser reelixido nas próximas eleccións, calificando os Instituros de As Lagoas e Ramón Otero Pedraio como centros concertados “a los que va la gente rica”, quere facer as seguintes consideracións:

  • Calificar as declaracións como lamentables, impropias dunha persoa que ostenta a máxima representatividade do concello, e que demostran un profundo descoñecemento da rede educativa de centros do concello, definindo, como centros concertados, centros que son de carácter público, así como inventando un centro novo “o instituto do Posío”, xa tendo citado o Instituto Otero Pedraio, sito en tal ubicación. Ademais, calificar estes centros como centros aos que acude “la gente rica de la ciudad gratis”, ilustran a ignorancia do rexidor respecto á realidade socioeducativa dos cidadáns do municipio.
  • Instar a que, por un lado, se convoque o Consello Escolar municipal, que non se reúne dende antes de que Gonzalo Pérez Jácome fora elexido, e, que, por outra banda, que os respresentantes municipais dos respectivos consellos escolares dos centros educativos, cumprindo coa normativa establecida, acudan ás convocatorias de ditos consellos. Desta forma, este sindicato está convencido de que o señor alcalde podería ter nocións e falar con propiedade sobre a realidade educativa da cidade.

Máis información

Iria Yáñez Martínez
608160513

Borja Campos Seijo
683353699