CCOO oponse ás modificacións incorporadas a última hora no borrador de ingreso á profesión docente

O Ministerio de Educación e FP introduciu, ao abeiro do ditame do Consello de Estado, sen ningunha negociación nin previo aviso, cambios incomprensibles e de gran gravidade que empeoran e dificultan a xestión dos procesos de estabilización dopersoal docente.

 

CCOO, sindicato maioritario no sector do ensino no estado, recorda que o documento inicial presentado polo Ministerio de Educación e FP na mesa sectorial docente incluía moitas das propostas presentadas ao longo destes anos polo sindicato. Porén, quedaban algunhas cuestións por mellorar e algúns problemas por solucionar. As organizacións sindicais presentamos esas propostas de mellora na propia mesa e o borrador seguiu a súa tramitación.

O Ministerio decidiu non aceptar ningunha das emendas aprobadas en votación e incluídas no ditame do Consello Escolar, algunhas delas de CCOO, que melloraban e eliminaban problemas nos procesos selectivos. Agora, sen embargo, tras o ditame do Consello de Estado incorporou cambios de ultimísima hora que poden por grandes trabas á xestión destes procesos no profesorado. A máis relevante podería implicar que, en lugar de que todas as prazas de concurso-oposición se rexan polo mesmo procedemento, tal e como víñase facendo no proceso de estabilización desde 2018, débanse celebrar dous procesos distintos de concurso-oposición, un coas prazas de reposición (xubilacións) e outro coas da taxa adicional de estabilización, os dous de libre concorrencia para todos os aspirantes.

Isto é enormemente problemático para os procesos selectivos docentes porque, ou ben se organizan dous procesos selectivos distintos en datas diferentes, para asegurar esa libre concorrencia a ambos que marca a lei, cos problemas de xestión e para as e os aspirantes que iso conleva, ou ben realizaríanse de forma simultánea, co que as persoas aspirantes deberían elixir a cegas a cal presentarse, tendo en conta que calquera pode facelo a calquera dos dous, sen saber cal é no que máis posibilidades pode ter. Ambas situacións son claramente indesexables para o sistema e para quen se presenta ao proceso. Unha terceira posibilidade igual de inadecuada sería que as administracións educativas puideran non convocar taxa de reposición ou de estabilización en algún dos cursos. Isto implicaría en primeiro lugar unha menor oferta de prazas e en segundo lugar que non se reduciría a temporalidade segundo o obxectivo marcado, pois convocar estabilización sen reposición ou á inversa non diminúe a porcentaxe de interinidade e incluso podería incrementala.

CCOO considera inaudito que se xere unha situación absolutamente insospeitada en todos os pasos anteriores do proceso de tramitación desta norma, incluíndo a mesa sectorial docente e o Consello Escolar. Igualmente, recorda que no anterior proceso de estabilización de 2018 a 2021 convocáronse conxuntamente as prazas de reposición e de estabilización por concurso-oposición sen ningún problema e co ditame pertinente no seu momento do Consello de Estado.

Polo tanto, tachamos de incomprensible que en análoga situación se cambie de criterio, por unha ocorrencia por sorpresa, cando todos os informes eran favorables, incluída a Avogacía do Estado, e máxime cando a última resolución de Función Pública de 1 de abril, “Resolución da Secretaría de Estado de Función Pública sobre as orientacións para a posta en marcha dos procesos de estabilización derivados da Lei20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público”, dispón:

Así, no caso dos procesos de estabilización que se leven a cabo ao abeiro do disposto polo artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro, a oferta de emprego público na que se autorice a convocatoria destes procesos de estabilización pode determinar que as prazas correspondentes aos mesmos se acumulen aos procesos selectivos ordinarios de reposición de persoal dos mesmos corpos ou categorías profesionais, podendo por elo existir, por tanto, unha mesma convocatoria con uns mesmos exercicios e méritos a valorar.

As modificacións para o concurso-oposición na transitoria cuarta do Real Decreto de ingreso docente benefician a todas as persoas aspirantes ao establecer exames máis razoables e non eliminatorios, evitando que queden prazas desertas. É inxustificable e intolerable que se faga oproceso por tres vías distintas.

CCOO seguirá traballando e actuando con todos os medios ao seu alcance para que se rectifique e se corrixa este desorde.

Modificacións Real Decreto de acceso