O paso do PTFP ao A1 será só presentando a titulación e tamén para as 10 especialidades do corpo singular

Durante o encontro celebrado o 5 de abril de 2022, o Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) presentou unha proposta verbal, que non foi acompañada de documentación, para a integración del profesorado de FP:

– No procedemento para facer efectivo o paso ao corpo de Secundaria (A1) exponse como único requisito a presentación da titulación (grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica), tal como viña esixindo CCOO. Sen embargo, o sindicato recordou ao Ministerio a necesidade de que coordine a actuación das CC. AA. para que o prazo sexa simultáneo en todas elas.

– Nas 10 especialidades que pasan ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da FP, o Ministerio expuxo que o profesorado que teña titulación universitaria tamén pasará ao A1, como CCOO reclamaba e interpretaba da Lei. Durante a reunión, CCOO mostrou a súa preocupación en relación co profesorado interino destas especialidades e esixiu que quede claramente recollido que estas persoas poidan participar no procedemento do paso ao A1 e incorporarse a el, sendo inadmisible o contrario.

– O Ministerio dará un prazo inicial, de alo menos 20 días, para solicitar o paso ao A1. Este prazo inicial irá acompañado dun recoñecemento con carácter retroactivo dos dereitos administrativo e retributivo. Tras isto establecerase un período aberto ata o 19 de xaneiro de 2026 no que as persoas que obteñan un título universitario poidan acceder ao A1. Neste último caso sen carácter retroactivo. Se ben a ampliación do prazo máis alá do inicial é positivo, a xuízo de CCOO debe prorrogarse de forma indefinida para alegar a titulación, de modo que todo o profesorado que acceda a un título universitario dos corpos afectados poida incorporarse ao A1.

CCOO foi a primeira organización sindical en esixir un complemento salarial equiparador para o profesorado que non cumpra os requisitos para o paso ao A1. Nesta mesa volvemos ser a primeira en esixir este complemento en canto se faga efectivo o paso ao A1.

Ademais, para CCOO este cambio do grupo A2 ao A1 debe constituír un primeiro paso para que no Estatuto docente o resto de corpos docentes sexan tamén encadrados no A1.

Por outra parte, o Ministerio expuxo as modificacións a realizar no RD 276/2007 e no RD de especialidades para que a ningunha persoa aspirante se lle pida ningunha titulación diferente  ás que se lle viña solicitando, modificando os seus anexos V y VI, e para que se manteñan as atribucións docentes e os dereitos de mobilidade.

CCOO analizará os documentos que mande o Ministerio para confirmar que efectivamente todo se desenvolve como se propón. Especial importancia ten tamén a cuestión do profesorado interino e a regulación das listas para que este colectivo non perda dereitos e tamén se beneficie desta medida en toda a súa extensión.

Finalmente, o Ministerio de Educación e FP informa de que a publicación da modificación do RD 276/2007 encóntrase en trámite no Consello de Estado, tralo cal aprobarase en Consello de Ministros e Ministras, e farase efectiva previsiblemente trala Semana Santa.

Os avances e as consecucións nas mesas de negociación susténtanse en esforzos previos de presión e mobilización. Neste sentido, CCOO veu realizando unha presión con act