CCOO urxe o Ministerio de Educación e FP a poñer en marcha todas as cuestións relacionadas co profesorado de FP

Segundo se recolle, é o Goberno o que debe establecer un procedemento para que as comunidades autónomas convoquen o proceso para o paso do grupo A2 ao A1. CCOO considera, así mesmo, que na Conferencia Sectorial débese chegar a acordos para que en todos os territorios se establezan complementos específicos que equiparen o salario dos que pasen ao grupo A1 e os que permanezan no A2.

Ademais, ten que se asegurar con todas as comunidades autónomas a adecuada aplicación das medidas xa acordadas na mesa sectorial docente para que ninguén quede fóra, e tamén no que respecta a persoal interino.

CCOO ten manifestado xa reiteradamente que a nova lei de Formación Profesional, para ser efectiva, ha ir acompañada de importantes incrementos de profesorado e de oferta de prazas públicas e que é imprescindible a mellora das condicións laborais do persoal docente.