CCOO-Ensino solicitou a vacinación de todos e todas as traballadoras do ensino. A Consellería manifesta que neste momento o colectivo prioritario é o docente. CCOO esixiu a vacinación de modo preferente daqueles traballadores e traballadoras que teñen contacto directo co alumnado.
Ademáis solicitamos que se estableza unha prelación dentro do colectivo e que todo o persoal que non ten docencia directa (liberados sindicais, persoal asesor, persoal de formación….) non teña preferencia sobre aquel que si ten contacto directo co alumnado
A Consellería traslada as seguintes cuestións con respecto á vacinación do profesorado:
- Orde de vacinación por orde alfabética
- Chamarase a menores de 55 anos
- A vacuna será a de AstraZeneca
- Avisarase por SMS ao móbil do mesmo xeito que cando se chamou para o cribado de inicio de curso
- O lugar da vacinación será na área sanitaria onde se traballe, non onde se resida
- O profesorado NON ESTÁ obrigado a vacinarse e preguntaráselle ao chegar ao centro onde está convocado para vacinarse. Levarase un rexistro do persoal que non se queira vacinar. Se co tempo cambia de opinión, poderase vacinar posteriormente.
- A segunda dose da vacuna, será nun prazo posterior de entre 10 e 12 semanas
- As persoas embarazadas poderán vacinarse se así o deciden
- As persoas en IT serán chamadas no momento que collan a alta
- Ás persoas maiores de 55 anos suministraráselle a vacina de Pfizer ou Moderna segundo haxa dispoñibilidade de doses destas vacinas

