Mesmos obxectivos, pero distintas estratexias

estratexia de acción sindical de CCOO foi desde sempre:

MOBILIZACIÓN + NEGOCIACIÓN

Entre os anos 2010 e 2017, con constantes manifestacións e folgas e sen acordos sindicais de ningún tipo, tivemos un ano de recorte brutal, cinco anos de conxelación salarial e dous máis de subas mínimas do 1 %. 

A partir do 2018 sucedéronse os acordos asinados por CCOO en Galicia e no Estado con gobernos de distinta cor, como consecuencia da presión e a mobilización realizadas, pero tamén grazas á capacidade para negociar cando chega o momento.

Con este comunicado queremos pór en valor os avances retributivos que supuxeron os acordos asinados por CCOO, combinando as dúas estratexias mencionadas anteriormente.

A continuación ofrecémosche dous documentos explicativos:

Contrasta a información! Se despois de ler os documentos segues tendo dúbidas, estaremos encantados de resolvelas en calquera dos locais de CCOO Ensino ou nas numerosas asembleas informativas que realizamos ao longo do curso nos centros educativos de toda Galicia.