Aberto o prazo para acreditar centros, coordinadores e titores para as prácticas do máster de profesorado e do curso de formación pedagóxica e didáctica do PTFP

  • Máster de profesorado

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.

  • Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.