CAMPAÑA DE VIXILANCIA DA SAÚDE 2018-19

‌ Aberto o prazo para a inscrición do recoñecemento médico para persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

‌ A inscrición ten carácter voluntario.

‌ A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na ligazón. 

‌ A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.

‌ Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

‌ O prazo de inscrición será de vinte días naturais (ata o 9 de outubro)