Coma cada ano, a Federación de Ensino de CCOO seguimos apostando pola diversidade nas nosas escolas e empresas. Por iso,
animamos os centros educativos a desenvolver actividades contra as actitudes de rexeitamento, discriminación e acoso a aquelas persoas que viven outras realidades.
CCOO-Ensino insta tanto as Administracións educativas como os centros privados a cumpriren coa lei para previr actitudes de discriminación, acoso e exclusión por motivos de orientación, identidade e expresión de xénero e que se poñan en marcha os protocolos necesarios que impidan que a lexislación quede en papel mollado.

