8M: FOLGA DE 24 HORAS NO ENSINO

OUTROS ACTOS:

— SANTIAGO DE COMPOSTELA: luns 4 de marzo, ás 11:30 horas, presentación do documento Análise do mercado laboral desde a perspectiva de xénero, elaborado polo Gabinete Económico e a Secretaría da Muller
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: mércores 6 de marzo, Xornada das Mulleres, organizada pola Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO
— FERROL: xoves 7 de marzo, ás 19:30, na sede do antigo Hospicio. Acto público con intervencións da secretaria de Organización de CCOO, Mabel Pérez, e o economista e deputado de En Marea Manuel Lago.
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: venres, 8 d emarzo, ás 12:15. Concentración de CCOO e UGT na praza do Obradoiro.
— LUGO: venres, 8 d emarzo, ás 12:15. Concentración de CCOO e UGT diante do edifio administrativo do Concello (rolda da Muralla, 197).
— VIGO: venres, 8 de marzo, ás 12 horas. Concentración de CCOO e UGT na Vía Norte, e posterior manifestación ata a praza da Estrela.
— OURENSE: venres, 8 de marzo, ás 12 horas. Concentración de CCOO diante da Subdelegación do Goberno .
— VIVEIRO: venres, 8 de marzo, ás 12 horas. Concentración unitaria na praza Maior.

 

ACTOS UNITARIOS DO 8M

MANIFESTACIÓN CENTRAL

3 marzo

LUGO. 12:00 H. Porta Falsa

A CORUÑA

8 marzo

Manifestación 19:30 h. Saída do Obelisco ata a Fábrica de Tabacos

FERROL

8 marzo

Manifestación 19:00 h. Saída Praza Amada García (Edif. Xunta) ata Praza Amboage

SANTIAGO

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Praza 8 de Marzo ata Praza Obradoiro

LUGO

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Explanada da Xunta ata Praza de Sta. María

BURELA

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Estación do tren ata Praza Concello

OURENSE

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Subdelegación do Goberno

VIGO

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Praza da España ata Porta do Sol

PONTEVEDRA

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Praza do Hospital ata Monumento Heroes Pontesampaio

AROUSA

8 marzo

Concentración 20:30 h. Praza de Galicia

Cuntis (Pontevedra)

8 mazo

Manifestación 19:30 h. Centro de Saúde. Praza das árbores

Marín (Pontevedra)

8 marzo

Manifestación 20:30 h. Praza do Concello

Carballo (A Coruña)

8 marzo

Manifestación 20:00 h. Edificio Xulgados

 

POR QUE IMOS Á FOLGA?

Coa recuperación da democracia no noso país e o recoñecemento expreso da igualdade como dereito fundamental na nosa Constitución, na normativa comunitaria europea e na lexislación internacional, iniciamos unha senda cara á equiparación de dereitos das mulleres, cuxo desenvolvemento, aínda que lento e defectuoso, supuxo o logro de significativos avances e o obxectivo irrenunciable de alcanzar a plena igualdade entre mulleres e homes.

Catro décadas despois, malia os progresos, persisten as desigualdades históricas que deron lugar á discriminación das mulleres en todos os ámbitos da vida. Ademais, asistimos a un período en que a igualdade de dereitos das mulleres sufría unha regresión durante a crise económica e, tras ela, xorden movementos reaccionarios cuxo obxectivo é eliminar os importantes avances alcanzados.

Ante esta conxuntura, e conscientes de que existen grandes intereses e resistencias en contra da plena equiparación de dereitos das mulleres na nosa sociedade, que con argumentos intolerables pretenden destruír os logros que con tantísimo esforzo se foron conquistando, consideramos que nos atopamos nun momento decisivo.

A nosa loita histórica pola igualdade debe poñerse en pé con forza renovada para pelexar e esixir con máis tesón, contundencia e firmeza os nosos dereitos; loita na que homes e mulleres, conscientes da desigualdade existente, debemos unirnos agora máis ca nunca.

Para CCOO, o logro da igualdade efectiva entre mulleres e homes é un compromiso que forma parte do noso ideario sindical e a súa consecución e mantemento, un obxectivo prioritario irrenunciable.

Condenamos todas as formas de violencia machista, cuxa expresión máis brutal, repulsiva e intolerable son os asasinatos de mulleres polo feito de ser mulleres; as agresións sexuais, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo que acotío sofren mulleres e nenas, así como todas aquelas outras formas de violencia contra as mulleres en todos os ámbitos, no fogar, na rúa e no traballo.

A invisibilidade da violencia machista, a súa normalización social e as manifestacións e estratexias de apoio, reforzo e perpetuación desta violencia, deben ser combatidas en todos os niveis e en todos os ámbitos e escenarios.

Condenamos así mesmo todas as formas de desigualdade e discriminación que padecen as mulleres no ámbito familiar, social, político e económico. Destacamos as que teñen lugar no mundo do traballo: no acceso ao emprego, na segregación ocupacional e nas condicións laborais, pola desigualdade salarial que padecen, pola maior precariedade, pola ausencia de medidas eficaces que garantan a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar, a falta de recoñecemento do traballo remunerado e o non remunerado, a ausencia dun sistema de protección social igualitario.

A Confederación sindical de CCOO fai un chamamento ao conxunto da sociedade á participación activa de todas e todos nas mobilizacións que se van levar a cabo en prol da consecución do pleno e efectivo dereito á igualdade de todas as mulleres, para denunciar calquera vulneración dos dereitos constitucionais, poñer fin ao retroceso experimentado na última década e ás ameazas do máis anquilosado e arcaico sector do patriarcado.

Así mesmo, esixímoslles ao Goberno, ás formacións políticas e ás empresas a adopción de medidas eficaces e efectivas para combater a discriminación e a desigualdade que aínda seguen soportando as mulleres.

É URXENTE E NECESARIO:

  • Avanzar na eliminación das violencias machistas, garantindo o estrito cumprimento das medidas acordadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e garantir o seu impacto para mellorar a situación destas mulleres.
  • Facer efectivo o diálogo social e impulsar a negociación colectiva, incrementar as políticas activas de emprego, esixir plans de igualdade en todas as empresas ampliando o seu ámbito de aplicación legal a empresas de menos de 250 traballadores/as, así como adoptar medidas de acción positiva dirixidas a eliminar a discriminación e a desigualdade no emprego e na protección social.
  • Reforzar e garantir os instrumentos e recursos de vixilancia, control e sanción da autoridade laboral para o cumprimento efectivo do principio de igualdade no ámbito laboral.
  • Adoptar medidas e políticas que garantan a efectiva corresponsabilidade entre mulleres e homes na repartición equitativa das responsabilidades familiares, que fagan posible compatibilizar o traballo e os coidados sen efectos negativos para as mulleres, como a equiparación do permiso de paternidade ao de maternidade, entre outras.
  • Aprobar unha lei de igualdade salarial que contribúa de forma eficaz a combater a brecha salarial eliminando a discriminación retributiva entre homes e mulleres.
  • Adoptar medidas e políticas dirixidas a lograr a presenza paritaria nos órganos de representación e decisión do conxunto das estruturas sociais, económicas e políticas da sociedade española.
  • Poñer en marcha un modelo educativo igualitario e fortalecer os servizos públicos, especialmente en educación, sanidade e servizos sociais, así como garantir a existencia e viabilidade de infraestruturas públicas para a atención e coidados de calidade, accesibles e adecuados, de nenos e nenas, especialmente menores de 0 a 3 anos e de persoas maiores e/ou en situación de dependencia.
  • Levar a cabo a ratificación do Convenio 189 da OIT sobre traballo digno das traballadoras do fogar e garantir que España aprobe o Convenio Internacional sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo. Desde CCOO, reiteramos a nosa permanente denuncia pola inacción institucional e gobernamental de Europa ante o drama das persoas que fuxiron dos seus países en conflito buscando refuxio ou asilo, e o especial impacto que sofren as mulleres e nenas, que en moitos casos son vítimas de abusos e violacións.