Mes: Setembro 2022
CCOO mobilízase en defensa do convenio colectivo de Centros e Servizos de Atención a persoas con discapacidade
Este 14 de setembro CCOO concentrouse #ante as sedes de AEDIS, Plena Inclusión e CERMI das principais cidades do territorio nacional. En defensa dun convenio xusto, dun salario digno e contra o inmobilismo patronal, centos de traballadores e de traballadoras secundaron a convocatoria realizada para esixir unha negociación real que garanta o mantemento do poder adquisitivo mediante a aplicación do … Ler máis
CCOO advirte: «salario ou conflito» no sector da discapacidade
A Federación do Ensino de CCOO convocou unha concentración en Santiago de Compostela este mércores en defensa do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras do sector da discapacidade. A protesta tivo lugar diante dunha das entidades do sector, Fademga.
CCOO chama á participación nas mobilizacións convocadas para o 14 de setembro no sector da discapacidade
O sindicato denuncia a negativa das patronais a cumprir os acordos alcanzados en negociacións previas para mellorar as condicións laborais das traballadoras e os traballadores dun sector de marcado carácter social que dá emprego a máis de 200 000 persoas.
Curso CCOO Ensino: a fase de prácticas no ensino (Ourense)
- INSCRICIÓN
- DATAS E HORARIO: Venres 7 de outubro de 16:30 a 20:30 horas. Sábado 8 de outubro de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
- LUGAR DE CELEBRACIÓN: IES O Couto – Ourense
- POÑENTE: IRIA YÁNEZ MARTÍNEZ
- HORAS: 12 horas
- LUGAR: IES O Couto – Ourense
Curso gratuito: A Fase de Prácticas no Ensino 1 en Coruña
- INSCRICIÓN
- Prazas: 40
- Horas: 12 horas
- Data de celebración: O 30 de setembro e 1 de outubro 2022
- Horario: O 30 de setembro de 16:30 a 20:30 horas. O 1 de outubro de 09:30 a 14:00 horas a 19:30 horas.
- Homologación: Solicitada homologación á Consellería de Cultura Educación e Orden. Univer.
- LUGAR CCOO: Unión Comarcal Coruña Av. Alfonso Molina, 90 KM2 3o 15008 A Coruña
A Xunta boicoteou a planificación dos centros para o comezo do novo curso
A Federación do Ensino de CCOO convocou este martes unha conferencia de prensa en que cualificou de «caótico» o comezo de curso en Galicia. «A Xunta boicoteou a planificación dos centros para o comezo do novo curso», denunciou publicamente José Fuentes, membro da Executiva de CCOO-Ensino. VER VÍDEO DA ROLDA DE PRENSA
