Novidades plurilingüismo (DOG 70,10/04/19)

 

CCOO RECLAMA UN ACORDO DE XUBILACIÓN PARCIAL PARA AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO

EN GALICIA, O PROFESORADO EN PAGAMENTO DELEGADO NON SE PODERÁ ACOLLER Á XUBILACIÓN PARCIAL

O pasado 5 de abril, a petición de CCOO, fomos recibidos pola subdirectora de centros e RRHH da Consellería de Educación.

A subdirectora confirmounos que a partir do 1 de xaneiro de  2019, a Consellería de Educación non acepta ningunha xubilación parcial do persoal en pagamento delegado nin  están dispostos a negociar  ningún acordo ao respecto. En consecuencia, o profesorado terá que traballar  a xornada completa ata a súa xubilación aos 65 ou 67 anos, segundo os casos. 

‌ VER COMUNICADO DA XUNTANZA

Novo permiso para a outra persoa proxenitora, modificación do permiso de lactación.

O artigo 3 do Real decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación modifica, entre outros, o apartado f) do artigo 48 e os apartados a), b), c) e d) do artigo 49 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro polo que e modifican os permisos de lactación, da nai biolóxica e da outra persoa proxenitora.

 iNSTRUCIÓNS PUBLICADAS POLA CONSELLERIA A 16 DE ABRIL