XV Convenio Colectivo Estatal de Centros e Servizos de Atención a Personas con Discapacidade
O pasado 13 de febreiro tivo lugar a quinta reunión da mesa negociadora. Ante o inmobilismo nas “propostas” patronais, CCOO decidiu iniciar mobilizacións, xunto a UXT e CIG, para reverter a dinámica negativa do proceso negociador.
Velaquí algunhas das materias que se trataron nesa reunión:
Propostas CCOO
|
Propostas Patronais
|
- A xornada de traballo semanal será de 37,5 horas tanto para os centros de atención especializada como para os centros especiais de emprego. Adecuación da xornada anual á semanal. 1680 horas anuais.
- A xornada laboral ha de estar reflectida no calendario laboral. A distribución irregular só se poderá aplicar logo da negociación coa RLT. En ningún caso a distribución irregular da xornada pode utilizarse como unha bolsa de horas a disposición da empresa.
- 30 días de vacacións, que se gozarán entre o 01/06 e o 30/09. Seis días máis a gozar durante o ano.
- Contrato en prácticas: manter, como mínimo, as retribucións do 85 % e 95 % para o primeiro e segundo ano.
- Calendario laboral: fixalo durante o ano anterior.
- Ningunha categoría con salario base e anual por baixo do SMI. Limitar así os efectos perniciosos dos reais decretos.
- Incrementos salariais en 2017 e 2018, por
|
- Non modificar a xornada. Non referencias á xornada semanal.
- Incremento da xornada irregular do 10 % ao 1 5%. Bolsa de horas.
- 25 días laborables de vacacións, condicio-nadas ao criterio da empresa para poder gozalas durante o período estival.
- Contrato en prácticas: reducir as retribucións ao 60 % e 75 %, no primeiro e segundo ano respectivamente.
- Ampliar ao primeiro trimestre do ano en curso a posibilidade de establecer o calendario laboral.
- Respecto ao SMI, han de estudar a nosa proposta.
- Conxelación salarial en 2017 e moderación en 2018.
|
Desde CCOO dicimos, ASÍ NON!
CCOO aposta por REPOÑER DEREITOS, RECUPERAR SALARIOS, RECOÑECER A NEGOCIACIÓN COLECTIVA