O día 3 de abril de 2017 produciuse a sinatura do VIII Convenio de Ensinanza e Formación Non
Regrada, suscrito polas organizacións sindicais CCOO e FeSP-OuGT, e por todas as Patronais
representadas na Mesa Negociadora, CECAP, CECE, A CADE-FECEI e ANCED.
A Federación de Ensinanza de CCOO, sindicato maioritario do sector, valora de xeito moi positivo o
acordo alcanzado tras un intenso e complexo proceso de negociación, no que finalmente, gracias
ao esforzo das partes negociadoras, foi posible unha firma que conleva a revisión das condicións
salariais e laborais, cunha necesaria actualización lexislativa xeral e clasificación profesional entre
os aspectvos máis destacados.
O convenio que será de aplicación tras a súa publicación no BOE, supón a regulación dun
importante sector de ensinanaza privada.