Unha de cal e vinte de area
Nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2017 aprobouse un incremento salarial do 6,18% para os docentes en pago delegado que e comezou a facer efectivo en marzo. Son os mesmos orzamentos nos que se prohíbe expresamente, asinar calquera tipo de acordo coa concerta, destinar calquera recurso para aboar a Paga de Antigüidade e as xefaturas de departamentos e coordinacións. Son os mesmos que impiden repor os acordos de 2008, negociar as reduccións de xornada que nos permitan avantar na homologación, e así sucesivamente.
Valoramos positivamente o incremento pero a perda acumulada durante os últimos 7 anos supera en moitos casos o equivalente ao salario de un ano.
CCOO valoramos positivamente a medida. Pero tamén queremos salientar que ese incremento non debe ocultar a perda elevadísima soportada durante estes anos de crise polos traballadores e traballadoras do ensino concertado. No mellor dos casos, a cada persoa en pago delegado que leve traballando desde 2010 perdeu un mínimo de 19.000 €. O seu poder adquisitivo minguou nun 19,30%, situándoo a niveis de 2003.
Malia a suba do 6,18%, os salarios están inda por debaixo dos que percibíamos en 2009.
ETAPA |
2009 |
2017 |
DIFERENZA MENSUAL |
E.ESPECIAL, E INFANTIL, E PRIMARIA |
1.915,29€ |
1.860,28€ |
-55,01€ |
1º CICLO DA ESO |
2.011,93€ |
1.957,70€ |
-54,23€ |
2º C. DA ESO, LICENCIADOS 1º C. ESO, FP, FPB |
2.208,43€ |
2.143,43€ |
– 65€ |
Aos recortes directos aplicados ao salario hai que engadirlle:
- Os 45€ mensuais que tiñamos que estar percibindo en virtude dos acordos de 2008. Iso incrementa a debeda con cada docente en 4.410€
- A supresión da paga de antiguidade. Hai que contabilizar aos máis de 700 docentes que desde 2010 están pendientes de percibir a Paga de Antigüidade. Adéudaselle un promedio de 10.000€
- Se ao anterior lle engadimos as xefaturas de departamento e as coordinacións non aboadas (2.782€ anuais en primaria e 3.923 en secundaria), as cantidades que nos recortaron alcanzan cifras moi elevadas
Ao final resulta que este incremento salarial que agora nos aplican, estámolo financiando nós cos cartos que nos deben e coas cantidades que non nos pagan.
Malia o incremento salarial seguimos perdendo poder adquisitivo.
Entre 2010 e 2016 o incremento do IPC foi do 9%. As previsión para o 2017 vaticinan un aumento ao redor do 2%. Pola contra os incrementos salariales realizados entre 2010 e 2017 son do 7,18% (1% 2016 e 6,18% no 2017) Para paliar o desfase entre o IPC e incremento salarial e evitar que se siga afondando na perda de poder adquisitivo, o aumento das nosas remuneracións tería que ser do 11%. Polo tanto non só non nos situamos na senda da recuperación dos dereitos perdidos, senon que seguimos perdendo.
Tamén o persoal de Administración e Servizos viu moi reducido o seu poder adquisitivo.
A situación dos compañeiros do PAS é igual de negativa; non sufriron recortes pero as sucesivas conxelacións dos seus salarios supuxeron unha perda do seu poder adquisitivo do 10% aplicada a salarios que na mayoría dos casos non chega aos 1000€. Para eles inda está pendiente de acordarse o incremento salarial que se lles vai aplicar en 2017 e abordar demandas xa antigas como a de incluilos no pago delegado.
"La crisis le ha venido muy bien a España”
Esta frase do Presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo en marzo de 2017, ante un grupo de políticos y empresarios en Madrid, mostra xa sen filtro o pensamento que orienta á acción política da dereita. A crise como escenario necesario que permite arrasar o estado de benestar. Non sería posible ese asalto se antes non se somete a poboación a un estado de shock que neutralice calquera posibilidade de reacción. Para iso foi para o que serviu a crise, por iso á dereita lle parece unha bendición.
Houbo fondos para devolver os concertos a centros que segregan por sexos, houbo recursos para incrementar unidades concertadas contra os informes da inspección educativa e as xefaturas territoriais, houbo recursos para decretos como o de plurilingüismo que xeraron perdas millonarias…. Houbo recursos para case todo menos para o que importa: os Acordos de Recolocación, a Paga de Antigüidade, a diminución de ráteos, os salarios dos docentes, as substitucións, a homologación….
A Xunta segue ao pé da letra as recomendacións do FMI de recortar en gastos superfluos como hospitales, colexios e salarios. Había que gastar no que realmente importa: rescatar bancos, autoestradas, aeroportos sen avións, obras faraónicas inútiles…, saqueo do estado….