Tras a publicación da Resolución definitiva do CADP de mestres, lembramos todo o referente ás permutas.
As permutas poden realizarse entre dúas ou máis persoas de calquera colectivo e situación administrativa (definitivos, funcionarios/as de caarreira en expectativa, funcionarios/as en prácticas, interinos/as e substitutos/as) sempre que as prazas a permutar sexan da mesma especialidade e co mesmo perfil lingüistico. (Ollo!!! as comisións de servizo non poden permutarse).
- Os prazos para mestres son:
a) 10 días hábiles dende o día seguinte á resolución definitiva do CADP, polo que previsiblemente entre o 4 e o 17 de agosto (ambos incluídos)
b) Catro días hábiles desde o 1 de setembro, polo que previsiblemente entre o 1 e o 4 de setembro (ollo!! neste prazo só poderá formular solicitude de permuta as persoas que non participasen no prazo anterior.
- Ferramenta para axudarvos:
Presentamos dende a administración unha nova ferramenta en forma de app (NÓMADES APP) desenvolta por compañeiros docentes galegos para axudarvos a atopar permutas de forma fácil e intuitiva https://www.facebook.com/AppNomades
Lembrade que temos unha Bolsa de permutas, na que varios/as compañeiros xa atoparon a súa permuta https://bit.ly/31bKFT6
- Lexislación aplicable:
Orde 17 de xuño de 2017: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22648
Orde 4 de xullo de 2019: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28332
- Aplicación onde deben realizarse: Únicamente por sede electrónica da Xunta de Galicia neste enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED002A