- Ver toda a información sobre o Concurso de Traslados en PDF co aceptado e denegado pola Consellería
- Ver toda a información sobre as ordes de Concilia e especial dificultade en PDF co aceptado e denegado pola Consellería
1. ORDE POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO XERAL DE TRASLADOS
CCOO esixe que:
-
O Concurso de Traslados sexa pechado e se abra únicamente a aquelas comunidades que previamente o abran á Galicia. (NON ACEPTADO)
-
O elemento primordial para reducir o tempo de provisionalidade é a oferta do maior número de vacantes e deben incorporarse as vacantes que se produzan ata o límite da resolución provisional do concurso.
-
Débense ofertar como mínimo tantas vacantes de cada especialidade como as prazas ofertadas na última OPE convocada.
-
Reclamamos a negociación efectiva das vacantes nas Xuntas de Persoal e retrasar a publicación da orde ata que se faga efectiva esta negociación e estas poidan ser coñecidas polos concursantes. (NEGOCIARANSE NAS XUNTAS DE PERSOAL E LOGO VERÁNSE NUNHA MESA TÉCNICA)
-
Reclamamos a provisión das vacantes dos corpos de Secundaria que sistemáticamente están a sair ano tras ano.
-
Reclamamos que no corpo de Mestres se oferten todas as vacantes existentes no catálogo.
-
Reclamamos que se oferten as vacantes do corpo de Mestres no 1o ciclo da ESO naquelas localidades nas que haxa demanda. (ACEPTADO)
-
Reclamamos a dotación de prazas de AL nos catálogos dos CPI e dos IES. (NON ACEPTADO)
-
As vacantes provisionais deben publicarse simultaneamente nas datas de presentación da convocatoria.
-
As vacantes definitivas deben coñecerse antes ou simultaneamente coa publicación da resolución provisional do concurso. (ACEPTADO)
-
Ampliación do número de provincias para o dereito de concorrencia.
-
Denunciamos novamente o mal funcionamento da comisión de baremación das publicacións.
-
Reclamamos o establecemento dunha data na que as puntuacións sexan definitivas para abrir a posibilidade de reclamacións non á propia puntuación senón ás de outros participantes. Tamén debe establecerse unha data de resolución definitiva das puntuacións. (ACEPTADO)
No BAREMO esiximos que:
-
Eliminar o límite a 5 puntos da puntuación por outras funcións que non sexan directivas.
-
Incluír a puntuación dos servizos prestados como responsables de centros de menos de tres unidades.
-
Seguen obviándose os postos de coordinación propios da Formación Profesional: coordinador titor de entendemento/viveiro de empresa, coordinador da bolsa de emprego…. (REVISARÁN)
-
Os pasados concursos puntuáronse as traducións. Se volve a facerse neste concurso debe ser coñecido por todos os concursantes polo que habería que engadilo na convocatoria nun novo apartado
-
Solicitamos a eliminación da puntuación por desempeñar postos na administración.
-
Opómonos á puntuación pola participación en tribunais de procedementos selectivos.
-
Solicitamos que se puntúen as titorías de CAP, titoría de funcionarios en prácticas e titorías de titulacións anteriores á entrada en vigor do sistema de graos e másteres.
-
Solicitamos que se puntúe o máster de profesorado de secundaria aos mestres que o presenten xa que para eles non é un requisito.
- Solicitamos a puntuación dos certificados de Idiomas obtidos fora das EOI.
2. ORDE POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO ESPECÍFICO DE ORIENTACIÓN
-
Esiximos coñecer a rede definitiva de centros de orientación.
-
Consideramos insuficiente o número de prazas convocadas.
-
Denunciamos o gran número de erros dos anexos de vacantes e resultas, dado que hai prazas que aparecen en ambos, vacantes nas que se modifica o centro base con respecto ao que figura no catálogo.
-
Demandamos que se publiquen aquelas vacantes que comparten con máis dun centro.
-
Demandamos que se presente un documento coas vacantes reais e que se adíe a convocatoria do mesmo ata que estas se coñezan. (RETRASARÁN A CONVOCATORIA, NEGOCIARÁN NUNHA MESA TÉCNICA NOS VINDEIROS DÍAS)
-
Manifestamos a nosa oposición á posibilidade que haxa mestres sen titulación adecuada que accedan a estes postos e non poidan pasar probas diagnósticas por falta desa titulación.
-
Denunciamos que estamos diante dun modelo de orientación obsoleto e caduco que non permite un servizo público de calidade.
Nesta mesa estamos a tratar os seguintes documentos:

