Publicado en DOG: resolución definitiva do procedemento de integración no corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicado en DOG: resolución definitiva do procedemento de integración no corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.
⭕️ Hoxe pódese comprobar que as accións tomadas por CCOO contra o RD 800/2022, do 4 de outubro, e contra a Orde do 28 de outubro de 2022 non paralizaron nin puxeron en perigo a integración do profesorado funcionario de carreira, como algunha organización sindical daba a entender interesadamente.
Dende CCOO seguiremos presionando á Consellería para que o pagamento das cantidades derivadas deste procedemento se faga á maior brevidade posible.
⚖️ Do mesmo xeito, demandaremos que o complemento retributivo para aquel profesorado que non se integra no corpo de PES se aplique a todos os colectivos. A igual traballo, igual salario!
✍️ Queremos dar cobertura legal aos colectivos que non se integran ou que non se lles recoñece a retroactividade.
Animamos as persoas excluídas a que presentedes reclamación. Contacta connosco para iniciar o proceso.

