OS GRUPOS DA OPOSICIÓN COMPROMÉTENSE A PRESENTAR AS DEMANDAS DAS OOSS DO ENSINO CONCERTADO

CCOO agradecémoslle aos grupos de EN MAREA, BNG e PSOE a receptividade mostrada coas demandas das traballadoras/es de concertada e a inclusión das enmendas á lei de orzamentos que lles solicitamos. 

Os días 13 e 14 de novembro as organización sindicais do ensino concertado (CCOO, FSIE, UGT, USO e CIG) reunímonos con todos os grupos parlamentarios da Cámara galega para facerlles chegar as demandas dos traballadores e traballadoras do sector. Nesa xuntanza fixemos fincapé na importancia que tiña para nos a supresión na lei de orzamentos das clausulas que impiden asinar acordos co ensino concertado, bloquean o dereito á negociación colectiva e   condena ao profesorado galego a unhas condicións laborais máis precarias ca da maioría das compañeiras/os  de concertada do resto do Estado. 

Todas as organizacións da oposición (PSOE, EN MAREA e BNG) aceptaron defender a nosa proposta e comprometéronse a levar ao debate parlamentario a petición de supresión desas cláusulas. 

É unha  boa nova para o sector porque nos pode encarrilar na liña de encetar unha etapa de negociación que debe rematar coa reposición dos dereitos perdidos (acordos de 2008, homologación, Paga de Antigüidade….)

Agora a decisión está nas más do PP que pode usar a súa maioría absoluta parlamentaria para aceptar estas alegacións ou   sacrificar os dereitos dos traballadores da concertada consolidando as crecentes diferenzas co profesorado de publica e co da concertada do resto de España.  

Irémosvos informando.

Ver fotos da Xuntanza