O PECHE DA ESO NO CPI TOMAS DE LEMOS DEIXA 8 DOCENTES DESPRAZADOS

 

As perdas das aulas de infantil nos CEIP de Os Blancos e Entrimo que condean o peche a estes centros xunto co desproposito organizado pola consellería no CPI Tomas de Lemos o mais destacado do Catálogo de centros para o vindeiro curso 17-18 

 

A consellería ven de publicar no DOG de 26 de xullo de 2017 o catálogo de centros de infantil e primaria onde veñen recollidas as modificacións de aulas e postos de traballo para o vindeiro curso 17-18. Os datos son os seguintes:

  • CEIP Os Blancos: Perde a aula de infantil e 1 mestre de infantil.
  • CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás: Aumenta 1 unidade de Infantil e 1 de primaria e aumenta o profesorado con 1 mestre de educación infantil, 2 mestres de educación primaria e 1 mestre de pedagoxía terapéutica.
  • CEIP Santa Ma Real de Entrimo: Perde 1 unidade de infantil e 1 mestre de educación infantil. CPI de Maside: Aumenta 1 unidade de infantil e 2 mestres de educación infantil.
  • CEIP Virxe de Covadonga de Ourense: Asignación de 1 Orientador compartido.
  • CEIP Manuel Sueiro: Perde 1 aula de educación primaria e 1 mestre de Frances.
  • CPI Jose Garcia Garcia: Aumenta 1 aula de infantil e 2 mestres de infantil.
  • CPI Tomas de Lemos: Aumenta 1 Orientador o perderse secundaria e pasar a ser desprazado por falta de horario. A consecuencia son 11 docentes da ESO desprazados.

(Evolución alumnado infantil e primaria 2013-2017 mantense estable según datos e cifras do ensino non universita- rio publicado pola consellería de educación)

Un ano mais, Ourense sae especialmente perxudicada. Se temos en conta os datos dende o ano 2013 o balance non pode ser mais desolador, falamos de 17 aulas menos de infantil e primaria e 14 postos de traballo menos.

A todo iso, este ano temos o peche da secundaria no CPI Tomas de Lemos que nos leva a perda neste centro de postos de traballo, así como 8 docentes desprazados. Un aforro que se traduce nun perxuizo do alumnado do IES O Ribeiro que verá as aulas masificadas a partir do ano que ven e un empeoramento da calidade do ensino na nosa provincia.

A este respecto, grazas as reclamacións feitas por CCOO Ensino en Ourense, así como pola presión exercida a través das mobilizacións por toda a comunidade educativa conseguiuse minimizar a perda de recursos que vai levar o peche.

CCOO Ensino, denuncia que a Xunta de Galicia está a deixar morrer os nosos pobos e vi- las. Política que está a afectar gravemente a provincia de Ourense o ser o rural un dos nosos maiores valores. CCOO Ensino lembra que a perda dos colexios nos nosos pobos é o comezo da perda do municipio e solicita que as administracións non teñan unha visión cortoplacista que non vai mais alá das seguintes citas electorais.

CCOO Ensino solicita, que a modificación do catálogo anual se estableza dentro dunha negociación coas OOSS que garanta un ensino de calidade cunha adecuada distribución de aulas e RRHH atendendo a criterios pedagóxicos, socio-económicos e culturais, tendo como punto de partida o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009.

CCOO Ensino Ourense NON acepta o catálogo de centros para o curso 17-18 e seguirá a loitar para intentar minimizar as politicas de recortes feita pola consellería un ano mais.