O pasado 13 de novembro reuniuse a Mesa de Negociación do XII Convenio Colectivo Estatal de centros de atención e educación infantil, como demandara CCOO na última reunión, co obxectivo de abordar a adaptación das táboas salariais ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) segundo o establecido na disposición derradeira cuarta do convenio colectivo.
CCOO presentou unha proposta para as táboas xerais e para a xestión indirecta, na sección B, que implica establecer un diferencial no salario base de 150 € sobre o SMI para educadores e 50 € para o persoal de administración e servizos e axudantes de apoio. Así mesmo, plantexamos na reunión que estas táboas salariais deben actualizarse a partir do 1 de xaneiro de 2020, data na que entrou en vigor o SMI establecido para o ano en curso.
A proposta que nos enviaron as organizacións empresariais, de introducir un texto no acordo que especifique que ninguén pode cobrar por baixo de 950 € ao mes (por 14 pagas), representa unha auténtica broma xa que iso é o que regula precisamente o Real decreto do SMI para 2020. Ademais, suporía aceptar a absorción do complemento de desenvolvemento e mellora profesional (CPP).
CCOO deixou claro que non aceptará solucións que representen que os traballadores con formación e responsabilidades diferentes reciban a mesma remuneración. O grupo de educadores debe ser valorado na súa xusta medida e iso implica necesariamente establecer salarios segundo as súas capacidades.
A reunión rematou sen ningún avance e a costa de establecer unha nova reunión nos próximos días.
POR UN SALARIO VIVO NA EDUCACIÓN INFANTIL 0-3.