Luz López reelixida secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia no 10º Congreso

 

No Congreso revisáronse as actuacións da federación de ensino dos últimos anos e aprobouse por ampla maioría o informe de xestión dos últimos catro anos presentado pola propia Luz López.

Na súa intervención, a secretaria xeral destacou a dificil situación que está a sufrir a comunidade educativa nos últimos anos. Asegurou que CCOO-Ensino continuará a «dar a batalla» contra a LOMCE e contra as políticas regresivas no ensino, amais de loitar para mellorar as condicións laborais de todas as traballadoras e traballadores do ámbito.

Nesta nova etapa acompañarana na Comisión Executiva da federación José Manuel Fuentes Fariña, Verísimo Pazos Pereira, María Burke Gerpe, Daniel García Reigosa, Iria Antuña Domínguez, María José García Barcia, Anxo Muñiz Iglesias, Raquel Parada Serantes e Diego Bello Magán. A elección deste órgano suscitou tamén un elevado grao de consenso, xa que recibiu o apoio do 91,52% dos sufraxios emitidos, sen que se rexistrasen votos en contra.