Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das oposicións 2022

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles e comeza o xoves día 31 de marzo de 2022 e remata o mércores día 6 de abril de 2022 (ambos os días incluídos)

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal

3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación procedemento selectivo (código de procedemento ED001A/2022) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.