Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas no curso académico 2022-2023

 Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022- 2023

 Será de aplicación nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia nos cales se impartan as ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.