Despois de moitos anos de ridículas ofertas de vacantes para o concurso xeral de traslados logramos un proceso de negociación real e centralizado das vacantes que se ofertarán no concurso xeral de traslados. Esta negociación ten como resultado a maior oferta de vacantes que recordamos.
A proposta inicial de 890 vacantes para os corpos de secundaria ascende, trala negociación, a un mínimo de 1829 á espera de pechar alguns flecos.
Esta negociación centralizada demostra que nos últimos anos estiveronse a agochar vacantes de necesaria cobertura para un bo funcionamento sistema educativo galego.
Con esta oferta conseguimos dous históricos obxectivos
- Reducir o tempo e o numero de profesorado en expectativa de destino
- Incrementar a estabilidade dos cadros de persoal dos centros
Valoramos moi positivamente esta oferta. Esperamos que inicie o camiño das ofertas dos vindeiros concursos.
CCOO-Ensino advirte á Consellería que é necesario abordar unha serie de cuestións que conlevarían un maior incremento das vacantes a ofertar:
- Cambiar os criterios da atención á diversidade.
- Abordar os desdobramentos en determinadas materias.
- Reducir as rateos
- Implementar outras medidas que fomenten a atención individualizada.
- Recuperar os horarios lectivos de 18 horas en secundaria e 21 no ensino primario.
| CORPO | VACANTES |
| MESTRXS | 1017 |
| PES | 1177 |
| PTFP | 380 |
| PROF EOI | 151 |
| CATEDRÁTICXS MÚSICA AAEE | 119 |
| PROF. MÚSICA AAEE | 134 |
| PROFESORADO AAPP E DESEÑO | 21 |
| MESTRXS TALLER AAPP E DESEÑO | 3 |
| TOTAL | 3002 |

