Éxito absoluto da folga do 9 de marzo

 

FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, Sindicato de Estudantes, IESGA e STEG, valoran  como un rotundo exito o seguemento de modo maioritario da convocatoria de Folga Xeral no sistema educativo

 

FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, Sindicato de Estudantes e IESGA e STEG, valoran  como un rotundo exito o seguemento de modo maioritario da convocatoria de Folga Xeral no sistema educativo na data de hoxe, supón un duro castigo ás políticas restritivas do goberno do Partido Popular no eido educativo.

 

O seguemento da convocatoria de folga, que se cifra nun 63% no colectivo de docentes, e de mais do 90% no alumnado da secundaria e da universidade. Isto visualizouse na masiva asistencia ás mobilizacións convocadas nas cidades e vilas da nosa comunidade ademais, rexeitando de modo unanime ás contrarreformas educativas e as políticas de recortes deseñadas polo goberno do PP.

 

A participación dos traballadores e traballadoras do ensino, alumnado e familias logrou valeirar as aulas nunha xornada de reivindicación cívica.

 

As organizacións  FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, Sindicato de Estudantes e IESGA e STEG agradecemos a alta participación e  a implicación das familias nesta xornada de loita, que alzaron a sua voz para reivindicar un ensino público inclusivo e de calidade e a derrogación das contrarreformas educativas do goberno do PP.

 

Hoxe o sistema educativo galego estivo nas rúas e volveremos a estar se o goberno non cambia a súa política educativa. Todos xuntos, toda a comunidade educativa demos unha resposta de civismo activo na demanda dun sistema máis xusto para os nosos fillos e fillas. 

 

NON Á LOMCE!

NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!    

POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE