Día internacional do persoal de apoio educativo

A Internacional da Educación (IE), da cal é membro a Federación de Ensino de CCOO, celebra o 16 de maio o Día Mundial do Persoal de Apoio Educativo baixo o lema “Facer visible o invisible”.

O Persoal de Apoio Educativo garante que a educación e a aprendizaxe de calidade sexan posibles na nosa educación, polo que é imprescindible valorar o seu traballo. Este día mundial é unha invitación a recoñecer o traballo destes traballadores/as e a destacar o seu papel fundamental na educación.

O Día Mundial do Persoal de Apoio Educativo inaugurouse na primeira Conferencia sobre este persoal realizada pola IE en 2018, a raíz da adopción dunha Resolución no 7º Congreso Mundial da IE en 2015. De maneira semellante ao Día Mundial dos Docentes, este día ofrece a oportunidade de recoñecer o traballo do Persoal de Apoio Educativo en todo o mundo, destacando o papel destes profesionais á hora de garantir unha educación de calidade e, á súa vez, lanzar luz sobre os desafíos aos que aínda se enfrontan estes traballadores/as nos seus postos de traballo.