Día Internacional da Educación 2024

No Día Internacional da Educación, desde CCOO reivindicamos de novo o dereito á educación como un dereito humano universal que hai que respectar.

Debemos evitar, como ocorre en Afganistán, negar o acceso ao ensino secundario e universitario ás nenas e mozas.

A comunidade internacional debe velar tamén polo acceso á educación de preto de douscentos corenta e catro millóns de nenos, nenas e mozas sen escolarizar, especialmente a quen, por motivo de guerra, ao vivir en zonas de conflito de catástrofe, non poden acceder a ela.

Tamén alzamos a nosa voz para fortalecer a escola pública e o investimento educativo, apostando por unha educación inclusiva e non segregadora que garanta a equidade e a igualdade de oportunidades.

E, por suposto, debemos apostar pola dignificación e recoñecemento de todo o persoal educativo imprescindible para garantir unha educación de calidade.

Sen educación, non hai futuro para os nosos mozos e mozas.