Curso de formación: Xornada de didáctica das relixións

DATAS E HORARIO: O 18 de xuño de 2022. De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas

LUGAR DE CELEBRACIÓN:
EDIFICIO SINDICAL CCOO SANTIAGO
Rúa Miguel Ferro Caaveiro 8
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

POÑENTES: FRANCISCO XABIER SALGADO COUSELO / ELÍAS SILVA MORUJA

HOMOLOGACIÓN: Solicitada á Consellería (8 horas)

PRAZAS: 20

OBXECTIVOS: 

1.- Coñecer distintas propostas didácticas no ámbito do ensino das relixións.
2.- Analizar unidades didácticas.
3.- Coñecer propostas na contorna da diversidade das relixións en Galicia.

CONTIDOS:

1.- A pluralidade do ensino das relixións en Galicia.

2.- Analise de propostas para unidades didácticas de primaria.
3.- Analise de propostas para unidades didácticas de secundaria.

CERTIFICACIÓN:

Para recibir o certificado de participación os inscritos deberán asistir ao 85% da duración do curso e realizar as actividades propostas.

CUSTE MATRÍCULA:

De balde