Complemento de desenvolvemento e capacitación profesional N1 e N2

Coa firma do  XV convenio colectivo CCOO garantiu que na próxima nómina do mes de xaneiro unha parte moi significativa das plantillas vexan revalorizadas as súas retribucións de maneira automática:

Persoas traballadoras que viñan percibindo o N1

Todas elas pasarán a cobrar en xaneiro o segundo nivel do complemento (N2) que representa un 5,5% sobre o seu salario base.

Persoas traballadoras con antigüidade entre o 1 de xullo de 2016 e o 31 de decembro de 2018

Todas elas pasarán a cobrar en xaneiro o primeiro nivel do complemento (N1) que representa un 7,5% sobre o seu salario base.

Persoas traballadoras con antigüidade a partir do 1 de xaneiro de 2019

Todas elas pasarán a cobrar o primeiro nivel do complemento ( N1), que representa un 7,5% sobre o seu salario base, unha vez pasados tres anos a contar desde o día en que comezaron a traballar.

Estes incrementos supoñen un avance moi importante na dignificación das condición retributivas das traballadoras e dos traballadores do sector e están á marxe das subas salariais que para 2022 as organizacións sindicais e patronais pactemos na actual negociación do  XVI convenio colectivo.

 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS