As persoas que gozaron do permiso de maternidade ou paternidade desde 2014 poden solicitar a Facenda a devolución do retido indebidamente, tanto as pertencentes ao Réxime Xeral da Seguridade Social como agora as mutualistas de MUFACE.
Pode solicitarse:
- Entregando un formulario fisicamente nas oficinas de Facenda: PREME PARA VER O FORMULARIO.
- De xeito telemático na web da axencia tributaria: PREME PARA IR Á WEB DA AXENCIA TRIBUTARIA.
Se optas por cubrir o formulario lembra que tes que marcar todos os anos que correspodan ao período de maternidade ou paternidade.
Lembra tamén que o período de LACTACIÓN non é tempo de maternidade polo que non entra como período para facer esta reclamación.
Se optas pola solicitude telemática, lembra que tés que facela empregando calquera destas opcións:
Desde CCOO Ensino poñémosnos á vosa disposición para axudarvos no proceso e aclarar posibles dúbidas.
Podes contactar connosco a través do enderezo electrónico: ensino@galicia.ccoo.es ou no teléfono 981551820