PRIMARIA
Aulas
Na última década pecharon colexios como o de Montederramo e escolas unitarias e perdéronse 26 aulas de infantil e primaria:
- -21% no período 2009-2019. O dobre que no dato xeral da provincia nese período.
No curso 19-20 perdeuse a única aula de infantil no CEIP do Bolo condeando ao peche do centro nun curto período de tempo e sen que a administración actives políticas que permitan o mantemento dos nosos pobos.
Profesorado
Como consecuencia evidente do peche de aulas prodúcese a supresión de postos de traballo, o 22% en 10 anos (case triplica a da provincia co 8%).
No curso 19-20 os datos son similares ao curso 18-19 con tres matices importantes:
-
Modificación das modalidades de profesorado de atención a diversidade recollidos no catálogo (aparecen Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapeutica no formato de compartidos con outros centros), que permite que o balance xeral sexa de 1 docente mais para o curso actual.
-
Que se non temos en conta o exposto no punto 1 o balance é de 1 docentes menos na especialidade de educación infantil.
-
Que a especialidade de infantil perdeu o 25% do seu profesorado de catálogo nunha década, dato que encende todas as alarmas e precisa de medidas urxentes no rural como xa indicamos.
En canto o profesorado precario, dicir que a OPE 2018 e 2019 cun numero de prazas maior grazas os acordos alcanzados a nivel do estado e autonómico no ano 2017 está a facer que a taxa de interinidade se estanque ou reduza lixeiramente estando actualmente no 24% (1% menos que no curso 18-19), moi lonxe do 5 % acordado e do 8% da provincia no curso 19-20 para o corpo de mestres. Estos datos, indican:
-
A imposibilidade de acadar os obxectivos xerais de estabilidade do persoal acordados para o período 2018-2020.
-
1 de cada 4 docentes é precario, unha inestabilidade que afecta a calidade do ensino xa que é imposible manter ano a ano a continuidade pedagóxica que os alumnos requiren e que a administración lle nega.
-
A provisionalidade dos nosos centros do rural, preparados para poder pechalos en canto non se acaden os ratios mínimos impostos pola administración e fora de calquera mesa de negociación, a pesar de contar cun acordo de agrupamentos do ano 2009 entre administración e as OOSS.
O respecto das itinerancias mantense o 16% do curso pasado.
CCOO Ensino xa denunciou o ano pasado o exceso de itinerancias e en concreto no profesorado que atende a alumnado con necesidades educativas especiais. Parece ser que a administración tomou nota e aumentou o profesorado de necesidades educativas especiais reducindo o numero de docentes con mais dun centro a itinerar. A pesar desta mellora CCOO Ensino seguirá traballando para reducir as itinerancias de maneira drástica naqueles docentes que traballan con rapaces con necesidades educativas.
A teor dos datos expostos as conclusións son as seguintes:
CCOO Ensino leva anos denunciando que a consellería está a deixar morrer os nosos pobos e vilas, política que está a afectar gravemente a provincia de Ourense o ser o rural un dos nosos maiores valores. CCOO Ensino lembra que a perda dos colexios nos nosos pobos é o comezo da perda do municipio e solicita que as administracións non teñan unha visión cortoplacista que non vai mais alá das seguintes citas electorais.
CCOO Ensino Ourense considera que os datos o longo do período 2009-2019 deixan en evidencia as intencións do goberno do PP, así como o modus operandi no peche de aulas e centros, primeiro deteriora o servizo eliminando aulas só atendendo a ratios e cando o deterioro e tal que o centro non é sostible procede o desmantelamento mediante a xustificación da non viabilidade. Dende CCOO Ensino entendemos que anterior o peche dunha aula, debe existir unha valoración que permita identificar cales son os motivos e ver cal ou cales son as mellores solucións
CCOO Ensino solicita, que a modificación do catálogo anual se estableza dentro dunha negociación coas OOSS que garanta un ensino de calidade cunha adecuada distribución de aulas e RRHH atendendo a criterios pedagóxicos, socio-económicos e culturais, tendo como punto de partida o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009
SECUNDARIA
-
FP BÁSICA: Destacar a escasa oferta formativa tendo en conta que preto do 20% do alumando elixe a FP Básica para finalizar as ensinanzas obrigatorias. Non debemos olvidar que a FPB é a única vía de escape para o alumnado que non vai ser capaz de superar 4o ESO pola modalidade ordinaria.
Unhas ensinanzas que a teor da LOMCE, deberían sufrir un aumento do alumnado non o están a facer debido á mala planificación da oferta.
CCOO Ensino considera inaceptable que no oriente ourensán o alumnado só poida escoller entre mantemento de vehículos(Barco), electricidade (Trives) e informática (Viana e Rúa).CCOO Ensino denuncia que moitos destes ciclos formativos non poden iniciarse o non acadar o mínimo de 5 alumnos marcado pola consellería e insta a administración a reducir ese ratio mínimo que permita a creación de ciclos de FPB con menos alumnado e evite así o fracaso escolar de moitos alumnos do rural.
- FP: CCOO Ensino demanda a implantación de novos ciclos na nosa comarca que atendan o tecido industrial da zona, así como aqueles que permitan a continuidade formativa do alumnado dos nosos centros. É inaceptable que centros como o IES Cosme López Rodríguez da Rúa solicitara o ciclo formativo de grao medio en Sistemas Microinformáticos e Redes para o curso actual e a consellería no consello xeral de FP o rechazara, tendo en conta que se trasladou unha previsión de matrícula de 16-18 alumnos. O que nos mostra a falta de vontade da administración a hora de ampliar a rede de FP no rural.
Profesorado
A pesar da oferta pública de emprego dos anos 2018 e 2019, e evidente que se precisa aumentar o número de prazas de secundaria ofertadas xa que o número de adxudicados este curso e similar o ano anterior. Os datos indican que foi claramente insuficiente o manterse prácticamente o mesmo número de adxudicacións de profesorado precario para o curso 2019-2020. A taxa de interinidade na provincia está para o curso 19-20 no 26% en secundaria, FP e réxime especial.
É evidente que o oriente ourensán esta lexos de acadar as taxas de interinidade acordadas coa administración do 5% para o 2020. é mais, está lexos de acadar a taxa de interinidade da provincia que está no 12% en todos os corpos docentes no universitarios mentres que no oriente ourensan esa taxa esta no 25%. Unha barbaridade que como xa comentamos para o corpo de mestres fala da provisionalidade do noso ensino para a administración.
INFRAESTRUTURAS:
CEIP CONDESA DE FENOSA:
CCOO Ensino denuncia un despropósito na planificación destas obras de calado do centro que non permitiu traballar de maneira adecuada ao profesorado dende que comezou o curso (ruído, suciedade, material de obra polo chan, etc). Incumprimentos da lei de prevención de riscos laborais tolerados pola propia administración e que poñen en risco a seguridade dos traballadores docentes e non docentes.
CCOO Ensino pon de manifesto a labor dos traballadores do centro que colocaron mobiliario e limparon o centro para que todo estivera disposto o día de inicio de curso a pesar de que o centro segue en obras.
CEIP JULIO GURRIARAN:
Caso a parte merece que a Conselleira viñera inaugurar no verán as obras dun pabillón que se leva reclamando e prometendo anos. CCOO Ensino considera que a Conselleira debería desculparse públicamente por vir a rirse de toda a comunidade educativa.
CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS (CFR) DO BARCO:
CCOO Ensino mostra o seu rechazo a intención da Xefatura Territorial de Educación en Ourense de trasladar o CFR ao IES Lauro Olmo.
CCOO Ensino descoñece os motivos deste traslado tendo en conta que o edificio é relativamente novo e só require da inversión en novos equipos informáticos.
CCOO Ensino estará atento as actuacións da administración, así como da xestión do persoal que forma parte deste centro de traballo. CCOO Ensino non aceptará unha merma nas condicións de traballo do persoal nin que se utilice dito persoal para suplir as carencias de outros centros de traballo.
IES LAURO OLMO (persoal administrativo):
CCOO Ensino denuncia 1 ano de mentiras por parte da administración que prometeu en mais de unha ocasión que se incorporaría a segunda administrativa,primeiro ao longo do curso e últimamente o día 1 de setembro de 2019 como data limite. A día de hoxe o IES Lauro Olmo conta con unha única administrativa que xestiona preto de 700 alumnos de diversas ensinanzas

