CCOO mostra a súa consternación polo accidente ferroviario do Porriño e traslada as súas condolencias ás familias das vítimas

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) amosa a súa consternación polo accidente ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, cando descarrilou o tren que enlaza Vigo co Porto. A organización sindical tamén traslada as súas condolencias ás familias das vítimas mortais e a súa solidariedade ás persoas que resultaron feridas.

O sindicato pide «cautela» nas informacións sobre o sinistro e agarda que a investigación do ocorrido sexa transparente e áxil, de maneira que se poidan determinar «o máis axiña posible» as causas que levaron a este «fatal accidente». 

 

DESCARGA O COMUNICADO COMPLETO