A Consellería de Educación na mesa de negociación celebrada hoxe, 1 de xuño, fixo unha proposta de suba salarial de 75€, inadmisible para Comisións Obreiras.
A súa calendarización sería a seguinte:
- outubro 2018, 10€
- xaneiro 2019, 15€
- xaneiro 2020, 25€
- xaneiro 2021, 25€
Esta calendarización é inasumible para CCOO, que reclama que a implantación do acordo remate no 2019.
Pola súa parte UGT e ANPE baixaron 10€ a súa proposta, nunha cantidade similar á que reduciu CCOO ensino.
A mesa terá unha nova convocatoria para o vindeiro xoves pola tarde. CCOO ensino, considera imprescindible para acadar un acordo un incremento das cantidades totais a percibir, así como unha cantidade inicial máis significativa que permita ao profesorado unha suba importante xa para este ano.
Ademáis, tamén é fundamental, modificar a redación da cláusula de garantía no sentido de que a comisión de seguimento teña máis protagonismo e contextualizar o acordo referenciando a os acordos anteriores de homologación acadados, e fandendo fincapé a que non se está renunciando a ningunha das reivindicacións pendentes de recuperar polo profesorado galego.