CCOO-Ensino e o resto de OOSS, convocan para o 17 de Marzo unha xornada de mobilización pola recuperación do horario lectivo baixo o lema “RECREOS CON DEREITOS”

 CARTAZ DA CONVOCATORIA

Desde o mes de setembro CCOO e o resto de organizacións sindicais con representación no ensino público iniciamos unha campaña unitaria reivindicando a recuperación do horario lectivo de 21 horas no corpo de mestres e de 18 h nos restantes corpos .

Ante o rexeitamento a negociar por parte da Consellería iniciamos unha serie de mobilizacións que culminaron na convocatoria de folga do pasado 12 de Decembro.

A Conselleira mantén a negativa a negociar polo que no mes de febreiro demandámoslle por escrito ao presidente Feijoo, que abrira unha negociación. Non hai contestación ao requirimento das organizacións que representan ao profesorado galego.

Como continuación da campaña de mobilizacións CCOO e o resto de organizacións, de forma unitaria, convocámos concentracións nos recreos dos  centros o vindeiro 17 de Marzo para expresar a reivindicación da recuperación das 21 e 18 horas lectivas. Non pedimos traballar menos, senón mellor. Estes horarios redundarán nunha maior calidade no ensino, en máis profesorado, en maior tempo de coordinación, nunha maior ateción á diversidade, medidas que polo de agora e cos horarios establecidos son imposibles de executar.

CARTACES PARA AS CONCENTRACIÓNS :

+APOIOS

+PROFESORADO

+DESDOBRES

+REFORZOS

-RATIOS