CCOO Ensino vén de rexistrar a demanda do aumento dos comedores escolares dos centros educativos para poder facer fronte ao incremento dos prezos. Aínda que o IPC está moderándose a nivel xeral, non o fixo no tocante ao prezo dos alimentos. Isto provoca que os centros educativos estean tendo verdadeiras dificultades á hora de realizar a compra de productos cara a organizar os menús escolares.
Son moitas as direccións dos centros educativos que veñen de contactar con nós por esta problemática. Hoxe, enviamos unha carta con esta demanda urxente mediante rexistro, dirixida ao Conselleiro de Educación esixindo unha dotación orzamentaria extraordinaria para os comedores escolares.
Agardamos a máxima celeridade por parte da Consellería xa que a inflación non pode ser unha barreira para garantir un servizo de calidade esencial para familias e alumnado.