CCOO ensino considera decepcionantes as conclusións da Conferencia Sectorial para a volta ás aulas

A Conferencia Sectorial decidiu non adoptar ningunha medida que mellore a seguridade e saúde nos centros educativos, perpetuando así o erro cometido ao inicio deste curso de reducir os recursos e as actuacións do curso pasado.

Esta situación impacta enormemente tendo en conta que as comunidades autónomas, entre elas a galega, non gastaron adecuadamente os fondos transferidos polo Goberno e, de feito, van devolver máis de 3.000 millóns de euros do destinado a servizos esenciais. Lamentablemente o Ministerio de Educación coa súa falta de liderazgo segue permitindo esta situación.

Á súa vez, volvemos insistir na importancia da posta en marcha efectiva dos comités de seguridade e saúde, así como a execución e seguimento dos protocolos sanitarios con rigorosidade en todas as CC. AA. Sen esquecer o subministro de mascaras adecuadas, xeles hixienizantes, medicións da calidade do aire, a ventilación cruzada, etc. Unha medida prioritaria é imprescindible é asegurar as substitucións inmediatas do profesorado, así como un seguimento inmediato dos contactos directos. E por suposto é imprescindible recuperar todas as prazas de reforzos COVID do pasado curso.

Para CCOO ensino é  inadmisible que as diferentes administracións prioricen o recorte do gasto en lugar das medidas que aseguren o dereito á educación e á saúde de toda a comunidade educativa e, en definitiva, de toda a sociedade.