Nas eleccións sindicais celebradas onte no ensino galego quedou reflectido de xeito claro a gran mellora de CCOO con respecto ás eleccións de 2018. O sindicato pasa de 28 a 34 delegados/as, o que supón consolidar o segundo posto e mellorar a representación nos catro órganos provinciais aos que se presenta. Na provincia de Ourense gañamos as eleccións con 10 delegados. Na provincia da Coruña aumentamos en tres, na de Pontevedra un e dous máis en Ourense.
CCOO-Ensino quere agradecerlle á súa afiliación e a todas as persoas que votaron o apoio depositado nestas eleccións, pois reforzan o modelo de sindicalismo útil e efectivo que ten como obxectivos fundamentais acadar melloras para as e os docentes galegos e a defensa dun ensino público de calidade.
|
CCOO |
CIG |
UGT |
ANPE |
CSIF |
STEG |
CUT |
A CORUÑA |
12 |
26 |
0 |
6 |
0 |
3 |
0 |
LUGO |
3 |
11 |
2 |
6 |
4 |
3 |
0 |
OURENSE |
10 |
8 |
2 |
3 |
3 |
1 |
0 |
PONTEVEDRA |
9 |
22 |
4 |
3 |
2 |
3 |
0 |
TOTAL GALICIA |
34 |
67 |
8 |
18 |
9 |
10 |
0 |