Co acordo asinado o 9 de marzo de 2018 recuperamos a negociación colectiva no sector público e damos cabo da situación que vimos arrastrando dende 2010 de imposición do Goberno de todo o referente a condicións salariais e laborais para as empregadas e empregados públicos. Oito anos sen negociación, oito anos de imposición, oito anos de perda retributiva. CCOO seguirá esixindo, mobilizándose e traballando para recuperar absolutamente todo o que nos arrebataron durante a crise. O asinamento deste acordo abrangue:
- Suba salarial
- Fondos adicionais para negociar nas comunidades autónomas
- Posibilidade de negociar a xornada de traballo, o 100 % do salario en situación de IT e o desenvolvemento de plans de igualdade
- Creación de emprego neto
O acordo supón un incremento fixo de 6,12 % en tres anos (1,75; 2,25 e 2 % en 2018, 2019 e 2020 respectivamente). Pero podemos acadar un 8,79 % se a economía segue a crecer e se cumpren os obxectivos de déficit.
Incorpórase un 0,75 % de fondos adicionais que permitirán negociar en Galicia aspectos como a recuperación do 100 % do salario nos primeiros días de baixa por incapacidade temporal, fomento de plans de igualdade ou para outras situacións.
CADRO COA SUBA SALARIAL POR ANO:
|
Fixo/ Evolución PIB |
2018 |
2019 |
2020 |
Acumulado |
|
FIXO |
1,75% |
2,25% |
2,00% |
6,12% |
|
PIB igual a 2,1% |
1,75% |
2,30% |
2,20% |
6,38% |
|
PIB igual a 2,2% |
1,75% |
2,35% |
2,40% |
6,64% |
|
PIB igual a 2,3% |
1,75% |
2,40% |
2,60% |
6,90% |
|
PIB igual a 2,4% |
1,75% |
2,45% |
2,80% |
7,16% |
|
PIB igual ou superior ao 3,1%/2,5%/2,5% |
1,75% |
2,50% |
3,00% |
7,42% |
|
Fondos adicionais (0,20%/0,25%/0,30%) |
1,95% |
2,75% |
3,30% |
8,21% |
|
Total anual mínimos (fixo+fondos adicionais) |
1,95% |
2,50% |
2,30% |
6,90% |
|
0,55 adicional por cumprimento déficit 2020 |
——- |
——- |
3,85% |
8,79% |
|
TOTAL anual escenario máximos |
1,95% |
2,75% |
3,85% |
8,79% |

