Co acordo asinado o 9 de marzo de 2018 recuperamos a negociación colectiva no sector público e damos cabo da situación que vimos arrastrando dende 2010 de imposición do Goberno de todo o referente a condicións salariais e laborais para as empregadas e empregados públicos. Oito anos sen negociación, oito anos de imposición, oito anos de perda retributiva. CCOO seguirá esixindo, mobilizándose e traballando para recuperar absolutamente todo o que nos arrebataron durante a crise. O asinamento deste acordo abrangue:
- Suba salarial mínima do 6,12% e máxima do 8,79% en tres anos
- Fondos adicionais para negociar nas Comunidades Autónomas
- Posibilidade de negociar a xornada de traballo, o 100% do salario en situación de IT e o desenvolvemento dos planes de igualdade
- Creación de emprego neto
O acordo supón o inicio da recuperación salarial das cantidades que perdemos no período 2010 a 2017. O incremento pactado blinda o poder adquisitivo para o período 2018 a 2020 e comezamos cunha recuperación parcial do arrebatado entre os anos 2010 a 2017. Somos conscientes de que só supón o inicio desa recuperación e que calquera acordo retributivo nunca é suficiente para un colectivo duramente castigado dende hai tantos anos.
CCOO non pode compartir a posición doutras organizacións que afirman que non asinarán ningún acordo mentres non recuperemos todo o perdido nos últimos oito anos; alguén cre que imos recuperar todo de inmediato por arte de maxia? A esencia do sindicalismo é acadar acordos que melloren as condicións das traballadoras e traballadores que representa , e sempre se reproduce o mesmo binomio:
Nin negociación nin acordos = Perda de dereitos Negociación
Acordos = Melloras laborais
O acordo supón un incremento fixo de 6,12% en tres anos (1,75; 2,25 e 2% en 2018, 2019 e 2020 respectivamente). Pero podemos acadar un 8,79% se a economía segue a crecer e se cumpren os obxectivos de déficit.
Incorpórase un 0,75% de fondos adicionais que permitirán negociar en Galicia aspectos como a recuperación do 100% do salario nos primeiros días de baixa por incapacidade temporal, fomento de planos de igualdade ou para outras situacións.
Podemos comparar a situación que define este acordo coa vivida nos oito últimos anos.
No ano 2010 os salarios dos docentes galegos diminuíron entre o 5,4 e 7% en función do corpo e especialidade. A situación despois deste gran recorte foi a que segue:
ANO 2010 |
Baixada de entre o 5,4% e o 7% |
ANOS 2011 AO 2013 |
Conxelación salarial (0 %) |
ANOS 2012 AO 2014 |
Conxelación salarial (0 %) |
ANOS 2013 AO 2015 |
Conxelación salarial (0 %) |
ANOS 2014 AO 2016 |
Suba salarial do 1% |
ANOS 2015 AO 2017 |
Suba salarial do 2% |
ANOS 2018 AO 2020 (ACORDO) |
Suba salarial de entre o 6,12% e o 7,42% Pode alcanzar o 8,79% se consideramos o 0,75% de fondos adicionais. |
Calculamos as cantidades específicas que se reflectirán nosas nóminas en 2020, segundo o corpo e antigüidade tan só co mínimo asegurado do 6,12%:
2020 suba mensual fixa 6,12% |
0º Sexenio |
1º Sexenio |
2º Sexenio |
3º Sexenio |
4º Sexenio |
5º Sexenio |
MESTRES |
125,81 € |
133,85 € |
142,95 € |
153,63 € |
166,95 € |
173,93 € |
MESTRES ESO |
132,65 € |
140,69 € |
149,79 € |
160,47 € |
173,79 € |
180,77 € |
P. TÉCNICO/A FP |
132,65 € |
140,69 € |
149,79 € |
160,47 € |
173,79 € |
180,77 € |
P. SECUNDARIA |
142,02 € |
151,05 € |
161,13 € |
172,79 € |
187,10 € |
195,06 € |
É imprescindible seguir avanzando e recuperando o poder adquisitivo perdido. CCOO-Ensino demandará da Consellería de Educación que abra unha negociación para homologar os docentes galegos cos do resto do estado. As condicións están claras na cláusula que conteñen os acordos de homologación precedentes (acordos do 2003 e 2006).