Felices festas e feliz 2019

A Federación de Ensino de CCOO de Galicia deséxalles boas festas e que o ano 2019 sexa o ano da educación en igualdade pola erradicación das violencias machistas. 

Nin unha menos! Feliz 2019

Impugnación X Convenio

O xuízo que se debía celebrar o pasado 12 de decembro en relación coa impugnación do X Convenio, adíase á espera de que CCOO redacte unha nova demanda.

Baremo definitivo das listas de Relixión Evanxélica

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades para impartir docencia no corpo de profesores de relixión de primaria de relixión evanxélica, e no corpo de profesores de relixión de secundaria de relixión evanxélica

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional

Resolucións do 26 de novembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas  de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2018-2019 correspondentes ao corpo de mestres, de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional. … Ler máis