Publicado no DOG o procedemento para que o profesorado de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario

  • Publicada en DOG a ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
  • O prazo para presentar solicitudes é do 10 de novembro ao 9 de decembro (ambos incluídos).
  • As solicitudes deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED021A).

CCOO esixe atención a toda a diversidade e facer realidade o dereito á educación de todo o alumnado

Propón que todo o alumnado con calquera necesidade de apoio educativo conte dobre a efectos de ratio.
Reivindica unha mellora nas ratios de PT, AL e compensación educativa e, ademais, que o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA) estea tamén asociado a recursos adicionais de PT e AL, cunha ratio máxima de 12 a 1. É imprescindible tamén fortalecer a rede de orientación.
Asíemade, esixe máis recursos para unha adecuada atención aos problemas emocionais e de saúde mental de toda a comunidade educativa

Xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública (4 novembro 2022)

CRITERIOS VALORACIÓN FASE CONCURSO OPE SOCIAL O día 4 de novembro de 2022, celebrouse unha xuntanza entre a DXFP e as OOSS, para tratar a disparidade de criterios ao asignar as puntuacións obtidas na fase de concurso dos procesos selectivos da OPE social. 1.- Nas escalas de servizos sociais, especialidades de medicina, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, fisioterapia, educadores e traballo social, … Ler máis

Xuntanza extraordinaria da Comisión de Persoal

O día 28 de outubro celebrouse a xuntanza extraordinaria da Comisión de Persoal. A CIG votou en contra da recuperación da carreira profesional para todo o persoal e a CSIF fixo un dos típicos malabarismos, votando a medias e deixando tirado ao persoal laboral.