Apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral, escala de persoal de servizos xerais e do corpo de auxiliares escala de xerocultor/a

MOI IMPORTANTE: Aquelas persoas que xa aperecen en listas provisionais, non teñen que volver a inscribirse

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX) e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).

 

Modificación parcial da RPT da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A finalidade esencial da presente proposta de modificación é a de plasmar na relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade os postos de traballo correspondentes a aquelas dotacións que se foron cubrindo ao longo dos últimos anos, coa inclusión dos correspondentes complementos segundo convenio, creando postos de traballo alí onde é preciso e suprimindo aqueles … Ler máis

Xuntanza Mesa Xeral do 15 de outubro

O 15 de outubro de 2020, tivo lugar a xuntanza da mexa xeral extraordinaria de empregados públicos, na que se trataron os seguintes puntos:

1.- Estudo do anteproxecto da lei de orzamentos para o ano 2022: incremento masa salarial.

2.- Estudio do anteproxecto da lei de medidas: materia de persoal.

3.- Rogos e preguntas