Actividades de formación en idiomas, incluíndo linguaxe de signos na EGAP

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Oferta Formativa cursos en liña 2022

  • Baremables en todas as comunidades autónomas para oposicións, concurso de traslados e sexenios
  • Dirixidos ao profesorado e persoal especializado de apoio dos centros que imparten os ensinos regulados na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación, así como ao dos servizos técnicos de apoio educativo nos citados ensinos (docentes de ensinos regulados en servizo activo ou en excedencia por coidado de familiares, por violencia de xénero ou por violencia terrorista; docentes en servizos especiais, persoal especializado de apoio nos centros de ensino; e persoas que non están en activo pero están habilitadas para exercer a docencia).