Mesa Sectorial
MESA SECTORIAL 20 MARZO 2018
O resto dos puntos desta Mesa Sectorial (Orde de reintegro de gastos por formación, orde PIALE e orde de licenzas de formación) adiáronse e trataranse o vindeiro 10 de abril.
Mesa Sectorial – 20 de marzo de 2018
CCOO-Ensino, xuntamente con ANPE e FeSP-UGT, entrega un escrito por rexistro solicitando a modificación da Orde do día por considerala inapropiada e unha falta de respecto ao profesorado e aos seus representantes Ver Escrito presentado
Podedes facernos chegar as vosas achegas ás ordes a ensino@galicia.ccoo.es
XUNTANZA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE ESTABILIDADE. SUBCOMISIÓN DE SEGUIMENTO DE FUNCIÓN PÚBLICA
O día 23 de febreiro tivo lugar a segunda xuntanza da subcomisión de seguimento do Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos asinado por CCOO, UGT e CSIF (ámbito Función Pública).
CCOO-Ensino esixe a convocatoria de todas as unidades de competencia da cualificación profesional de atención a alumnado con NEE en centros educativos no proceso de acreditación de competencias.
CCOO-Ensino esixe a súa convocatoria en todas as provincias para que o persoal coidador sen titulación poida completar a súa profesionalización.
